Composicións, Arranxos e Transcricións PDF Imprimir Correo-e

 

En mi Canal de Youtube se pueden escuchar algunas de las obras aquí expuestas.

COMPOSICIONES PARA BANDA 

  • OS MOZOS DE ORTIGUEIRA (2010. Muiñeira, op. 1)

Se trata de una muiñeira gallega, que hace homenaje a la famosa muiñeira Os Mozos do Penedo. Está dedicada a los músicos de la Banda de Música de Ortigueira.

  • O CONDE DE LEMOS (2010. Fantasía para Banda, op. 2)

La fantasía nos translada al s. XVII a través de un monfortino y gallego ilustre: Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos. Está dedicada a mi pueblo natal.

 

TRANSCRIPCIONES DE PIANO PARA BANDA

  • 3 Bagatellas Op. 33 de L. van Beethoven
  • A la Maniére de Borodin de Maurice Ravel
  • A la Maniére de Chabrier de Maurice Ravel
  • Suite española (de Escenas Románticas) de Granados

 

ARREGLOS Y ADAPTACIONES PARA BANDA

  • Con Te Partiró
  • Lela, Leliña Lela
  • "Ortigueira Express"
  • Negra Sombra (Soprano y Banda)
  • Himno Galego (Versión de 1907)
  • Ortigueira (pasodoble de Enrique García Rey), instrumentado para Banda Sinfónica  (Descarga gratuita en PDF: CLICK AQUÍ)

 

 


 

 

SOBRE LAS COMPOSICIONES

OS MOZOS DE ORTIGUEIRA

la-banda1-46x38-06Esta Muiñeira foi composta no transcurso do verán do ano 2010, estando adicada a tódolos que fixeron posible que a tradición musical das Bandas en Ortigueira perdurase ata os nos nosos días.
Basada nunha linguaxe clásica, Os Mozos de Ortigueira fai un guiño a famosa muiñeira “Os Mozos do Penedo”; peza que non faltaba en calqueira romería de Galicia e que aínda é interpretada por músicos de diferentes xeracións.
Os Mozos de Ortigueira é unha homenaxe a tódolos músicos, Mozos e Mozas, dende a época da Banda de Garrote ou de La Lira ata a actualidade, e que fixeron co seu traballo pervivir a cultura musical no Concello. Tamén é unha homenaxe a todos os veciños e ós membros do governo municipal, que sen ser músicos contribuíron co seu apoio a facer realidade un soño musical na Vila.
E como non, está adicada ós meus músicos que ensaio tras ensaio e concerto tras concerto son os verdadeiros protagonistas desta linda historia e que fan posible que a tradición musical do seu pobo siga viva.

Carlos Diéguez Beltrán
Ortigueira, 14 de Outubro do 2010

Nota:
Esta composición foi estreada pola Banda de Música de Ortigueira o día 20 de Novembro do 2010, no Teatro de la Beneficencia de Ortigueira na conmemoración de Santa Icía.

Ver vídeo

 

O CONDE DE LEMOS
(Fantasía para Banda de Música)

conde_de_lemosO Conde de Lemos é unha Fantasía para Banda de Música que nos traslada a comezos do século XVII, a través da vida dun galego ilustre.

Pedro Fernández de Castro, Andrade e Portugal; (Monforte de Lemos, 1576 – Madrid, 1622) foi o VII Conde de Lemos, IV Marqués de Sarria, V Conde de Vilalba, III de Andrade e Grande de España de Primeira Clase.

Coñecido como “El Gran Conde de Lemos”, ocupou cargos tan relevantes na España de Felipe III como os de Presidente do Consello de Indias, Vicerrei de Nápoles ou o de Presidente do Consello Supremo de Italia.

Fernández de Castro foi Mecenas dos máis importantes autores literarios do Século de Ouro español, tales como Lope de Vega ( o cal fora durante un tempo o secretario persoal do Conde), Miguel de Cervantes, Luis de Góngora ou Francisco de Quevedo. Cervantes dedicoulle a segunda parte de El Quixote, Novelas Ejemplares, Comedias y Entremeses ou Los Trabajos de Persiles y Segismunda; por citar soamente algunhas das obras literarias universais escritas en honor do Conde.

A Fantasía lévanos a vida deste nobre galego, cunha linguaxe que nos acerca a época de trobadores e xograres medievais que son acompañados polos nobres coa súa música de aires celtas e de cabaleiros andantes.

Distínguese na obra tres grandes bloques temáticos:

Sosego nas Terras de Lemos- É a parte da introdución, onde nos leva a través do son das campás, da secuencia litúrxica dos metais graves e do solo melancólico do óboe a contemplar a vida de retiro, meditación e sosego na Casa Condal de Lemos.

Festa no Condado- Describe o sentir das xentes e das festas de recibimento ós señores de Castro cando volvían ó Condado para descansar despois de lograr importantes éxitos. Os xograres, a música celta e as aventuras cabaleirescas narradas polo propio Conde son os protagonistas desta Festa.

Na Corte de Nápoles- Simboliza un baile de palacio nunha Nápoles onde o Conde era o Vicerrei. O baile comeza cun Tempo de Minueto que se irá transformando cos recordos e a morriña polas Terras de Lemos ata converterse nun baile celta cargado de forza e de sentimentos.

Esta obra está adicada ó pobo natal do autor (Monforte de Lemos) e ó Gran Conde de Lemos, coincidindo coa Conmemoración do IV Centenario do seu Vicerreinado en Nápoles (1610-2010).

Carlos Diéguez Beltrán, outono do 2010

Ver vídeo


 

Últimos Eventos

Sen eventos

Axenda

Último mes Xuño 2018 Mes seguinte
L M X J V S D
week 22 1 2 3
week 23 4 5 6 7 8 9 10
week 24 11 12 13 14 15 16 17
week 25 18 19 20 21 22 23 24
week 26 25 26 27 28 29 30

Sígueme

social FlickrBloggerCanal Youtube Facebook

Última Publicación

Bandeando Classics

Bandeando Classics

Para adquirila,... [More...]

Cartel