Biografía PDF Imprimir Correo-e

fotoNace en Monforte de Lemos (Galicia, España), iniciando os seus estudos musicais na Escola de Música de Sober para proseguilos nos Conservatorios de Ourense e A Coruña onde se licenciou en Trombón de varas.

Compaxinou os seus estudos instrumentais cos de Dirección de Banda, sendo licenciado neste campo pola Royal Schools of Music de Londres e Diplomado en Dirección de Banda polo Instituto Superior Europeo Bandístico de Trento (Italia).

Durante este tempo estudou Dirección con Marcel van Bree, José Vicente Egea e Jan Cober; realizando diversos cursos con outros recoñecidos mestres.

Como trombonista foi membro da Banda de Música de Sober, Banda de Música Municipal do Concello de Monforte de Lemos, European Union Youth Wind Orchestra, Banda Artística de Merza, Banda de Trofa (Portugal) ou da Banda da Federación Galega entre outras agrupacións.

Como director titular estivo á fronte da Banda de Música de Sober, Nova Banda de Vilatuxe así como da Banda Municipal de Guitiriz; sendo na actualidade o director da Banda de Música de Ortigueira e o director da Escola Municipal de Música da mesma vila (EMCO).

Como director invitado dirixiu bandas en diversos países, destacando entre estas a a Banda Nacional de San José (Costa Rica), Banda Provincial Ciudad de La Habana (Cuba), Banda Sinfónica de la Universidad de La Laguna (Tenerife), Banda Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música de Ourense, Banda Sinfónica de la Facultad de Filosofía y Letras de la Universidad de Buenos Aires, a Rundfunk- Blasorchester de Leipzig (Alemaña), a Mladinski Orkester Intercampus (Eslovenia), Banda Velha União Sanjoanense (Portugal), Banda Sinfónica da Ribeira Sacra, Banda Unión Musical do Norte de Galicia, Banda Sinfónica Juvenil Simón Bolívar (Venezuela), Banda Simfónica de Reus ou a Banda Municipal "Fernando Guerrero" de Los Palacios y Villafranca (Sevilla); entre outras agrupacións.

Entre os concertos máis emotivos realizados figura a dirección do concerto oficial da conmemoración do Centenario do Himno Galego, en decembro do 2007 no Teatro Fausto de La Habana baixo a batuta da Banda Nacional de Conciertos de Cuba. (Mesma agrupación que o interpretou por primeira vez).

Frecuentemente é convidado a impartir charlas e conferencias sobre a historia das bandas no mundo, o oficio do director ou a psicopedagoxía do mestre; así mesmo participou como congresista no "I Festival Internacional de Bandas Sinfónicas y Ensambles de la Ciudad de Buenos Aires".

No estranxeiro, Carlos Diéguez impartiu ademais seminarios de dirección de banda no Conservatorio Superior "Manuel de Falla" de Buenos Aires e na Escuela de Bandas "Gonzalo Roig" de la Cidad de La Habana.

Outras facetas profesionais lévano a coordinar o 1º, 2º e 3º Congreso Internacional de Bandas "Vila de Ortigueira" e o seu homólogo Concurso de Composición Iberoamericano, transcribir e compor obras para Banda ou mesmo o labor de crítico musical nos Festivais de Bandas Portugueses "Filharmonía ao máis alto Nível".


Recentemente acaba de publicar diversos materiais relacionados coa música de vento e a docencia (ver sección de PUBLICACIÓNS), destacando o seu libro sobre El Oficio de director de Banda e o proxecto Bandeando.

Carlos Diéguez é á súa vez Presidente da Asociación Nacional de Directoresdirector asociado da WASBE (World Association for Symphonic Bands and Ensembles) e socio da SGAE.

 

Últimos Eventos

Sen eventos

Axenda

Último mes Xullo 2018 Mes seguinte
L M X J V S D
week 26 1
week 27 2 3 4 5 6 7 8
week 28 9 10 11 12 13 14 15
week 29 16 17 18 19 20 21 22
week 30 23 24 25 26 27 28 29
week 31 30 31

Sígueme

social FlickrBloggerCanal Youtube Facebook

Última Publicación

Bandeando Classics

Bandeando Classics

Para adquirila,... [More...]

Cartel